20 may 2012

"La Brechita" con Marcos Nine

A maioría dos alumnos que este curso estamos en 2º de Audiovisuais,
asistimos no curso pasado en xuño, a un obradoiro de cine: "Obradoiro de cinema na  2ª Mostra de Cine Periférico" A Coruña.
Neste obradoiro realizamos un montón de cousas que nos gustaron moito:  pintamos, recortamos, raiamos, pegamos... rolos de películas vellas, e logo montamos as diapositivas que logo proxectaron para gravar este curto. Este curto recolle algunhas das ideas principais de traballo de La Brecha.
Aquí vos deixamos o vídeo. Agradecemos a todo o equipo da 2ª Mostra de Cine Periférico este obradoiro, xa que foi moi interesante e aprendemos moitas cousas.

Asible//1  "La Brechita" Dirección e montaxe: Marcos Nine
Produción: Fe Cortón e Ximena Losada
Imaxe: Iago González


12 may 2012

Os nosos primeiros programas

No primeiro trimestre do curso, traballamos en Audiovisuais o tema da "Televisión", e tamén reflexionamos sobre como a televisión determina a alimentación dos adolescentes. Logo fixemos os nosos traballos creando unha serie de vídeos cos distintos programas que realizamos sobre este tema. Para case todos nós foi a primeira vez que actuabamos diante dunha cámara. Así que esperamos que vos resulten divertidos os nosos primeiros programas.




19 ene 2012

Curtos para o Día dos Dereitos Humanos

  Para celebrar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, os alumnos de Audiovisuais de 2ºESO curso 2011-12, realizamos estes curtos para manifestar a nosa inquietude e compartir con outros alumnos o noso traballo que fixemos atendendo aos artigos sobre os Dereitos dos Nenos:  

    "Dereito a un nome e a unha nacionalidade." "O dereito de recibir amor, cariño e comprensión, e ter seguridade material." "O dereito á alimentación adecuada, vivenda e servizos médicos." "Dereito de coidados especiais para o neno física ou mentalmente impedido ou con impedimentos sociais". "Dereito a ser un dos primeiros que reciban protección e socorro en toda circunstancia." "O dereito a ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación." "O dereito á disfrutar plenamente de xogos e a divertirse, e para recibir educación gratuíta e obrigatoria para que os nenos desenvolvan as súas habilidades e facerte membro útil da sociedade ". "O dereito a desenvolver o seu pleno potencial en liberdade e dignidade." "O dereito de ser educados nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidade universal." "O dereito a beneficiarse destes dereitos, sen discriminación baseada na raza, cor, sexo, relixión, opinión política ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición."


Utilizamos a Linguaxe Audiovisual e utilizamos Glogster para carteis de introducción.
Este é o noso vídeo:


Curtos na Eso Dereitos Humanos from Puga TiVi on Vimeo.

15 ene 2012

Benvida a Puga TiVi

Benvida ao blog de Plástica! Neste espazo que comeza, o alumnado do IES Rafael Puga Ramón da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual  do curso 2011-12, queremos mostrar e compartir os nosos traballos. 
Deseño do logo de Antía F.P. 2ºA  20-12-2011