Como todos os anos o Departamento de Debuxo do IES Monte da Vila do Grove organiza
esta actividade de convivencia na Praia de A Lanzada para que podamos realizar unha xornada de esculturas de area.
Este ano o tema foi “Parque xurásico” e a praia encheuse de representacións e interpretacións figurativas cheas de imaxinación.
Grazas ao orixinal e divertido vídeo da nosa profesora Isabel González, poderemos recordar este día cheo de area, auga salgada e dinosauros.