Parabéns a Koi por esta presentación coas súas propostas tan creativas e orixinais de deseños para unha moda sostible.
Se premedes nesta imaxe enlace vedes o seu proxecto final:
Blog de Comunicación Plástica, Visual e Audiovisual
Parabéns a Koi por esta presentación coas súas propostas tan creativas e orixinais de deseños para unha moda sostible.
Se premedes nesta imaxe enlace vedes o seu proxecto final:
A través desta actividade "Gat@s
artistas" realizada en 1º ESO analizamos o Patrimonio artístico e
cultural.
Nesta actividade o alumnado de 1º ESO escolle
un movemento artístico, ou un/unha artista, ou un cadro famoso das diferentes
manifestacións na arte importantes ao longo da historia e o reinterpreta
utilizando como personaxe principal un gat@.
Esta presentación da actividade está creada
coas imaxes dalgúns gat@s realizados polo alumnado acompañadas de pistas para
utilizar como xogo nas futuras clases.
Compartimos as Formas Plásticas da Torre de Hércules realizadas con técnica libre polo alumnado de 3º ESO para o exercicio “Torre Realista, Figurativa e Abstracta”.
A imaxe ou debuxo Realista ten que ser unha imaxe fiel á realidade. Cando este grao de semellanza varía e diminúe podemos realizar imaxes Figurativas que son aquelas nas que simplemente podemos recoñecer o modelo representado. Cando este achegamento de semellanza diminúe moitísimo a imaxe vai alcanzando cada vez maiores graos de Abstracción.
Con este exercicio queremos traballar os diferentes Tipos de Imaxes, aprendendo a representar a realidade en función do grao de semellanza con ela.
Obra gañadora no VIII Certame de Debuxo da Natureza na 1ª Categoría (menores de 14 anos) na especie Acherontia atropos, Esfinxe da caveira, realizada pola alumna María D. F. de 1º ESO.
Noraboa! A nosa alumna María D. F. de 1º ESO
polo premio.
Con estas tarxetas e música realizadas polo alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO vos desexamos
unhas Felices Festas.