14 nov 2022

Gat@s Artistas 1º ESO

A través desta actividade "Gat@s artistas" realizada en 1º ESO analizamos o Patrimonio artístico e cultural.

Nesta actividade o alumnado de 1º ESO escolle un movemento artístico, ou un/unha artista, ou un cadro famoso das diferentes manifestacións na arte importantes ao longo da historia e o reinterpreta utilizando como personaxe principal un gat@.

Esta presentación da actividade está creada coas imaxes dalgúns gat@s realizados polo alumnado acompañadas de pistas para utilizar como xogo nas futuras clases.

3 jun 2022

As Formas Plásticas da Torre de Hércules 3º ESO

 Compartimos as Formas Plásticas da Torre de Hércules realizadas con técnica libre polo alumnado de 3º ESO para o exercicio “Torre Realista, Figurativa e Abstracta”.

A imaxe ou debuxo Realista  ten que ser unha imaxe fiel á realidade. Cando este grao de semellanza varía  e diminúe podemos realizar imaxes Figurativas que son aquelas nas que simplemente podemos recoñecer o modelo representado. Cando este achegamento de semellanza diminúe moitísimo a imaxe vai alcanzando cada vez maiores graos de Abstracción.

Con este exercicio queremos traballar os diferentes Tipos de Imaxes, aprendendo a representar a realidade en función do grao de semellanza con ela.