Mostrando entradas con la etiqueta debuxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta debuxo. Mostrar todas las entradas

3 jun 2022

As Formas Plásticas da Torre de Hércules 3º ESO

 Compartimos as Formas Plásticas da Torre de Hércules realizadas con técnica libre polo alumnado de 3º ESO para o exercicio “Torre Realista, Figurativa e Abstracta”.

A imaxe ou debuxo Realista  ten que ser unha imaxe fiel á realidade. Cando este grao de semellanza varía  e diminúe podemos realizar imaxes Figurativas que son aquelas nas que simplemente podemos recoñecer o modelo representado. Cando este achegamento de semellanza diminúe moitísimo a imaxe vai alcanzando cada vez maiores graos de Abstracción.

Con este exercicio queremos traballar os diferentes Tipos de Imaxes, aprendendo a representar a realidade en función do grao de semellanza con ela.

3 feb 2021

Obra gañadora na especie Esfinxe da caveira

 Obra gañadora no VIII Certame de Debuxo da Natureza na 1ª Categoría (menores de 14 anos) na especie Acherontia atropos, Esfinxe da caveira, realizada pola  alumna María D. F. de 1º ESO. 



Noraboa! A nosa alumna María D. F. de 1º ESO polo premio.

4 may 2020

Non esteades tristes, xuntos camiñaremos cara o futuro!


Con este creativo vídeo que realizou a nosa alumna Noelia Pigueiras, queremos compartir con todo o mundo o seu debuxo e a súa mensaxe. Un debuxo é como un xardín, relaxémonos debuxando!

18 abr 2020

Como realizar debuxos coas aplicacións de Google Drive

Para este período, un bo recurso para realizar debuxos e ilustracións tanto para as tarefas de Plástica como para ilustrar con pequenos debuxos actividades doutras materias, é o servizo de aloxamento de Google Drive. Vos preparei este pequeno vídeo dunha ilustración realizada coas formas e recursos que podedes atopar en Google Drive presentacións ou en Google debuxo.


31 ene 2020

VII Certame de Debuxo da Natureza

Do noso centro participaron once alumnas e alumnos de 4º ESO. Foron premiadas Cristina Bello Blanco coa súa ilustración de Cardamine pratensis, e Uxía Rúa Patiño cunha mención pola súa ilustración dun Vulpes vulpes. Noraboa!! e noraboa a todas e todos os participantes: Sara, Lucía, David, Hector, Noelia, Brais, Yifei, Rebeca e Mireya.

28 may 2016

Esculturas de Area na praia de A Lanzada 2016

Como todos os anos o Departamento de Debuxo do IES Monte da Vila do Grove organiza esta actividade de convivencia na Praia de A Lanzada para que podamos realizar unha xornada de esculturas de area. Este ano o tema foi “Parque xurásico” e a praia encheuse de representacións e interpretacións figurativas cheas de imaxinación. Grazas ao orixinal e divertido vídeo da nosa profesora Isabel González, poderemos recordar este día cheo de area, auga salgada e dinosauros.

23 abr 2016

Un libro, unha diversión, unha paixón, unha reflexión...

Con estes gifs realizados na clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, queremos celebrar
 o Día do Libro 2016.


7 dic 2015

O noso primeiro flipbooks.

O noso primeiro flipbooks.


 Gif realizado por Natalia e Marcos. Alumnado de 3º ESO. IES Rafael Puga Ramón.

4 nov 2013

Debuxando movementos I


Debuxando movementos I stop motion 3º ESO from Puga TiVi on Vimeo.

Neste curso traballamos o debuxo do movemento en Plástica. A profesora mandounos realizar un estudo de movemento dun personaxe: persoa, bicho ou planta.
De tódolos debuxos escolléronse estes catro por representar catro formas distintas de abordar o traballo, facendo 3, 4, 5 ou 6 debuxos, ummm! traballando máis, traballando menos!

Movemento con 6 debuxos de Lucía Lesta

Movemento con 5 debuxos de Laura García

Movento con 4 debuxos de Adrián Martelo

Movemento de 3 debuxos de Pablo Penela



Dixitalizados estes debuxos montáronse foto a foto no Movie Maker para facer a animación que vos deixamos nesta entrada.

15 ene 2012

Benvida a Puga TiVi

Benvida ao blog de Plástica! Neste espazo que comeza, o alumnado do IES Rafael Puga Ramón da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual  do curso 2011-12, queremos mostrar e compartir os nosos traballos. 
Deseño do logo de Antía F.P. 2ºA  20-12-2011