18 abr 2020

Como realizar debuxos coas aplicacións de Google Drive

Para este período, un bo recurso para realizar debuxos e ilustracións tanto para as tarefas de Plástica como para ilustrar con pequenos debuxos actividades doutras materias, é o servizo de aloxamento de Google Drive. Vos preparei este pequeno vídeo dunha ilustración realizada coas formas e recursos que podedes atopar en Google Drive presentacións ou en Google debuxo.


5 abr 2020

Cadeiras na arte dende a nosa casa



Cadeiras na arte dende a nosa casa é un proxecto de fotografía de 4º ESO de EPVA onde fotografamos as montaxes que elaboramos con obxectos e teas para reinterpretar e recrear algún fragmento de cadros famosos da historia da arte onde aparece unha cadeira.
 Abril 2020

4 abr 2020

Como realizar unha colaxe con papel reciclado

Actividade complementaria para 1º ESO
Xa acabaches con todas as pinturas que tiñas por casa? Pois imos explorar o mundo da colaxe. A arte da colaxe é unha técnica que se empezou a investigar a principios do século XX da man de artistas como Picasso e Braque.
O termo colaxe deriva do francés “coller” que significa “pegar”. A clave é compoñer, con diversos materiais e texturas pegadas sobre un papel ou cartón, unha creación propia.
Con esta sinxela proposta anímovos a explorar as texturas, formas e sensacións dos diferentes materiais que teñades por casa para realizar o voso marabilloso colaxe.



PDF O meu gato apañou palabras