12 jun 2012

Gustos, Planos e d + Enredos

Neste trimestre do curso 2011-12 estudamos os distintos tipos de planos e os movementos da cámara. Como traballo de clase decidimos gravar unha serie de curtas onde practicar os distintos tipos de plano. Pero mentres organizábamos os guións a profesora suxeriunos que graváramos imaxes sobre os nosos gustos e as cousas que acostumamos a facer cando temos tempo libre, e que con estas gravacións (e outras) poderíamos facer unhas xornadas de “Cine solidario” no Salón de Actos do IES Rafael Puga Ramón e co que recadáramos facer un donativo a Miradas ao Mundo para que os nenos de Guinea fixeran unha pequena merenda e viran as nosas imaxes.
Puxémonos ao traballo e de todo iso fixemos este vídeo.


10 jun 2012

O Valor da Auga

Esta curta foi realizada por Karina Acosta Paulino e Sara Fernández García, como guionistas e intérpretes da mesma. E acompañadas da voz de Antía Díaz Gómez realizaron esta gravación para o Día do Medio ambiente.
O tema principal é a auga. A auga como un ben moi prezado que non podemos malgastar.