17 may 2020
Día das Letras Galegas 17 maio 2020
Con estas ilustracións realizadas polo alumnado de 3º da ESO citando a diversos autores da lingua e literatura galega, queremos celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2020, na que se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero.
11 may 2020
Cadeiras na arte dende a nosa casa 2
Cadeiras na arte dende a nosa casa é un proxecto de fotografía de 4º ESO de EPVA onde fotografamos as montaxes que elaboramos con obxectos e teas para reinterpretar e recrear algún fragmento de cadros famosos da historia da arte onde aparece unha cadeira.
Maio 2020
4 may 2020
Non esteades tristes, xuntos camiñaremos cara o futuro!
Con este creativo vídeo que realizou a nosa alumna Noelia
Pigueiras, queremos compartir con todo o mundo o seu debuxo e a súa
mensaxe. Un debuxo é como un xardín, relaxémonos debuxando!
As ventás de abril
As ventás de abril é unha breve exposición de
fotografías, dun grupo de alumnas e alumnos de EPVA de 4º ESO, realizadas dende
as nosas ventás durante este confinamento polo Covid-19. As fotografías son
tomadas cos nosos móbiles e editadas neles con diferentes apps (Pixlr; Prisma
Photo Editor; Photoshop Express; PicsArt). Esperamos que vos gusten!!
22 abr 2020
Hoxe celebramos o Día Internacional da Terra
Con esta sinxela animación para clase vos animo a realizar ilustracións de natureza.
18 abr 2020
Como realizar debuxos coas aplicacións de Google Drive
Para este período, un bo recurso para realizar debuxos e ilustracións tanto para as tarefas de Plástica como para ilustrar con pequenos debuxos actividades doutras materias, é o servizo de aloxamento de Google Drive. Vos preparei este pequeno vídeo dunha ilustración realizada coas formas e recursos que podedes atopar en Google Drive presentacións ou en Google debuxo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
