As ventás de abril é unha breve exposición de
fotografías, dun grupo de alumnas e alumnos de EPVA de 4º ESO, realizadas dende
as nosas ventás durante este confinamento polo Covid-19. As fotografías son
tomadas cos nosos móbiles e editadas neles con diferentes apps (Pixlr; Prisma
Photo Editor; Photoshop Express; PicsArt). Esperamos que vos gusten!!
4 may 2020
22 abr 2020
Hoxe celebramos o Día Internacional da Terra
Con esta sinxela animación para clase vos animo a realizar ilustracións de natureza.
18 abr 2020
Como realizar debuxos coas aplicacións de Google Drive
Para este período, un bo recurso para realizar debuxos e ilustracións tanto para as tarefas de Plástica como para ilustrar con pequenos debuxos actividades doutras materias, é o servizo de aloxamento de Google Drive. Vos preparei este pequeno vídeo dunha ilustración realizada coas formas e recursos que podedes atopar en Google Drive presentacións ou en Google debuxo.
12 abr 2020
5 abr 2020
Cadeiras na arte dende a nosa casa
Cadeiras na arte dende a nosa casa é un proxecto de fotografía de 4º ESO de EPVA onde fotografamos as montaxes que elaboramos con obxectos e teas para reinterpretar e recrear algún fragmento de cadros famosos da historia da arte onde aparece unha cadeira.
Abril 2020
4 abr 2020
Como realizar unha colaxe con papel reciclado
Actividade complementaria para 1º ESO
Xa acabaches con todas as pinturas que tiñas
por casa? Pois imos explorar o mundo da colaxe. A arte da colaxe é unha técnica
que se empezou a investigar a principios do século XX da man de artistas como Picasso
e Braque.
O termo colaxe deriva do francés “coller” que
significa “pegar”. A clave é compoñer, con diversos materiais e texturas pegadas
sobre un papel ou cartón, unha creación propia.
Con esta sinxela proposta anímovos a
explorar as texturas, formas e sensacións dos diferentes materiais que teñades
por casa para realizar o voso marabilloso colaxe.
8 mar 2020
8 de marzo Día Internacional da Muller
Anticipamos unha pequena selección do traballo realizado polo alumnado de cada unha das aulas e o profesorado participante, cando rematemos todas as portas colocaremos máis fotos.
Parabéns ao alumnado e ao profesorado por esta extraordinaria actividade!
Parabéns ao alumnado e ao profesorado por esta extraordinaria actividade!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


