5 feb 2017

O día 22 de febreiro estrease a curtametraxe dirixida e baseada no guíón gañador do II Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero 2015 realizado polas nosas alumnas Mencía González Rodríguez
Uxía Carreira Moscoso, Gara Sandá Floréz e María Calvo García.
Dirección coordinada por Omar Rabuñal Varela.

        Esperámosvos a tod@s ó 22 de febreiro ás 19:30 no Ágora!!

28 may 2016

Esculturas de Area na praia de A Lanzada 2016

Como todos os anos o Departamento de Debuxo do IES Monte da Vila do Grove organiza esta actividade de convivencia na Praia de A Lanzada para que podamos realizar unha xornada de esculturas de area. Este ano o tema foi “Parque xurásico” e a praia encheuse de representacións e interpretacións figurativas cheas de imaxinación. Grazas ao orixinal e divertido vídeo da nosa profesora Isabel González, poderemos recordar este día cheo de area, auga salgada e dinosauros.

23 abr 2016

Un libro, unha diversión, unha paixón, unha reflexión...

Con estes gifs realizados na clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, queremos celebrar
 o Día do Libro 2016.


7 dic 2015

O noso primeiro flipbooks.

O noso primeiro flipbooks.


 Gif realizado por Natalia e Marcos. Alumnado de 3º ESO. IES Rafael Puga Ramón.

10 dic 2013

Animación e Stop motion para Recreos de cine solidario

Destacamos aquí unha pequena escolma dos mellores vídeos feitos por alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO.









Para ver máis traballos realizados visitar a Canle de PugaTiVi