12 jun 2024

Proxecto Competencial de Deseño de Koi F. P.

 Parabéns a Koi por esta presentación coas súas propostas tan creativas e orixinais de deseños para unha moda sostible.

Se premedes nesta imaxe enlace vedes o seu proxecto final: 



14 nov 2022

Gat@s Artistas 1º ESO

A través desta actividade "Gat@s artistas" realizada en 1º ESO analizamos o Patrimonio artístico e cultural.

Nesta actividade o alumnado de 1º ESO escolle un movemento artístico, ou un/unha artista, ou un cadro famoso das diferentes manifestacións na arte importantes ao longo da historia e o reinterpreta utilizando como personaxe principal un gat@.

Esta presentación da actividade está creada coas imaxes dalgúns gat@s realizados polo alumnado acompañadas de pistas para utilizar como xogo nas futuras clases.

3 jun 2022

As Formas Plásticas da Torre de Hércules 3º ESO

 Compartimos as Formas Plásticas da Torre de Hércules realizadas con técnica libre polo alumnado de 3º ESO para o exercicio “Torre Realista, Figurativa e Abstracta”.

A imaxe ou debuxo Realista  ten que ser unha imaxe fiel á realidade. Cando este grao de semellanza varía  e diminúe podemos realizar imaxes Figurativas que son aquelas nas que simplemente podemos recoñecer o modelo representado. Cando este achegamento de semellanza diminúe moitísimo a imaxe vai alcanzando cada vez maiores graos de Abstracción.

Con este exercicio queremos traballar os diferentes Tipos de Imaxes, aprendendo a representar a realidade en función do grao de semellanza con ela.

3 feb 2021

Obra gañadora na especie Esfinxe da caveira

 Obra gañadora no VIII Certame de Debuxo da Natureza na 1ª Categoría (menores de 14 anos) na especie Acherontia atropos, Esfinxe da caveira, realizada pola  alumna María D. F. de 1º ESO. 



Noraboa! A nosa alumna María D. F. de 1º ESO polo premio.

23 dic 2020

Boas Festas e un 2021 cheo de ledicia!

Con estas tarxetas e música realizadas polo alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO vos desexamos 

unhas Felices Festas.


5 jun 2020

Proxecto de Deseño téxtil 4º ESO

5 de xuño Día do Medio Ambiente
Vivimos nun constante cambio de modas e consumismo de prendas téxtiles, desbotando prendas novas por pasarse de temporada ou por querer estar renovando continuamente o vestiario. Isto fai que a industria téxtil teña que producir e innovar sempre a gran escala para satisfacer esa ansia de consumir da poboación. Para isto é fundamental crear unha conciencia medio ambiental nas novas industrias para que se adapten e axuden a reducir os impactos negativos medioambientais.
Neste proxecto o alumnado de 4º ESO de EPVA quere propoñer deseños de téxtiles sustentables para o noso futuro.


4 jun 2020

Non te queimes, coidemos o planeta.


Con esta creativa ilustración de Christopher N. alumno de 3º ESO que nos obriga a reflexionar,  queremos facer visible a importancia de coidar o medio ambiente por todas as persoas que habitan o planeta.



5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

3 jun 2020

Non deixes que o noso futuro se converta en fume

Con estas ilustracións realizadas en google drive o alumnado de 3º ESO nos invita a reflexionar sobre o que temos, como valorar a natureza, para animarnos a pensar en novos proxectos éticos e responsables co noso entorno.

 

5 xuño Día Mundial do Medio Ambiente

17 may 2020

Día das Letras Galegas 17 maio 2020

Con estas ilustracións realizadas polo alumnado de 3º da ESO citando a diversos autores da lingua e literatura galega, queremos celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2020, na que se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero.

11 may 2020

Cadeiras na arte dende a nosa casa 2


 Cadeiras na arte dende a nosa casa é un proxecto de fotografía de 4º ESO de EPVA onde fotografamos as montaxes que elaboramos con obxectos e teas para reinterpretar e recrear algún fragmento de cadros famosos da historia da arte onde aparece unha cadeira. 
Maio 2020

4 may 2020

Non esteades tristes, xuntos camiñaremos cara o futuro!


Con este creativo vídeo que realizou a nosa alumna Noelia Pigueiras, queremos compartir con todo o mundo o seu debuxo e a súa mensaxe. Un debuxo é como un xardín, relaxémonos debuxando!

As ventás de abril


As ventás de abril é unha breve exposición de fotografías, dun grupo de alumnas e alumnos de EPVA de 4º ESO, realizadas dende as nosas ventás durante este confinamento polo Covid-19. As fotografías son tomadas cos nosos móbiles e editadas neles con diferentes apps (Pixlr; Prisma Photo Editor; Photoshop Express; PicsArt). Esperamos que vos gusten!!

18 abr 2020

Como realizar debuxos coas aplicacións de Google Drive

Para este período, un bo recurso para realizar debuxos e ilustracións tanto para as tarefas de Plástica como para ilustrar con pequenos debuxos actividades doutras materias, é o servizo de aloxamento de Google Drive. Vos preparei este pequeno vídeo dunha ilustración realizada coas formas e recursos que podedes atopar en Google Drive presentacións ou en Google debuxo.


5 abr 2020

Cadeiras na arte dende a nosa casa



Cadeiras na arte dende a nosa casa é un proxecto de fotografía de 4º ESO de EPVA onde fotografamos as montaxes que elaboramos con obxectos e teas para reinterpretar e recrear algún fragmento de cadros famosos da historia da arte onde aparece unha cadeira.
 Abril 2020