5 dic 2013

Homenaxe a Auguste e Louis Lumière

Con este traballo os alumnos de 4º ESO de E.P.V. queremos homenaxear aos irmáns Lumière (1862-64)  promotores do primeiro cinema.
Tomando como referencia Os minutos Lumière, poñemos en práctica a gravación con cámara fixa dun minuto de acción cotián.

“En 1895, os irmáns Lumière alugaron en París un local grande e espazoso, o Salon Indien, situado nos sotos do Grand Café, moi preto da Ópera. A sesión inaugural tivo lugar o 28 de decembro dese ano. A entrada custaba un franco e o espectáculo duraba media hora. Alí proxectaríanse A chegada dun tren á estación e O regador regado, os dous mellores filmes de Louis, e outras dez películas máis. O éxito foi clamoroso. A noticia percorreu rapidamente a cidade e, tres semanas despois, a asistencia diaria chegaba ás tres mil persoas” Biografías e vidas


Tres minutos Lumière na estación de tren A Coruña from Puga TiVi on Vimeo.

Un minuto de páginas - Paula Souto Cores from Puga TiVi on Vimeo.

Un minuto de comida de Antía e Alicia 4º ESO from Puga TiVi on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario