9 jun 2020
5 jun 2020
Proxecto de Deseño téxtil 4º ESO
5 de xuño Día do Medio Ambiente
Vivimos nun constante
cambio de modas e consumismo de prendas téxtiles, desbotando prendas novas por
pasarse de temporada ou por querer estar renovando continuamente o vestiario.
Isto fai que a industria téxtil teña que producir e innovar sempre a gran
escala para satisfacer esa ansia de consumir da poboación. Para isto é
fundamental crear unha conciencia medio ambiental nas novas industrias para que
se adapten e axuden a reducir os impactos negativos medioambientais.
Neste proxecto o
alumnado de 4º ESO de EPVA quere propoñer deseños de téxtiles sustentables para
o noso futuro.
4 jun 2020
Non te queimes, coidemos o planeta.
Con esta creativa ilustración de Christopher N. alumno de 3º ESO que
nos obriga a reflexionar, queremos facer
visible a importancia de coidar o medio ambiente por todas as persoas que
habitan o planeta.
5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente
3 jun 2020
Non deixes que o noso futuro se converta en fume
Con estas ilustracións realizadas en google drive o alumnado de 3º ESO nos invita a reflexionar sobre o que temos, como valorar a natureza, para animarnos a pensar en novos proxectos éticos e responsables co noso entorno.
5 xuño Día Mundial do Medio Ambiente
Suscribirse a:
Entradas (Atom)